Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día da Muller

8 DE MARZO NA BIBLIOTECA

Imaxe
 Con motivo do Día Internacional da Muller, fixemos unha pequena exposición con fondos seleccionados de mulleres: intérpretes, escritoras, ilustradoras, compositoras, etc... Esperamos que os animades a curiosear por eles. A exposición estará ata o 10 de marzo.  Tamén podedes descargarvos un tríptico cunha pequena selección de compositoras de música contemporánea e unha mostra algo máis ampla de " mulleres no noso catálogo ".                                        Recomendacións de escoita: mulleres na música contemporánea E non vos esquecedes de coller unha frase inspiradora... Feliz semana.

HOXE

Imaxe
  Fonte: MINISTERIO DE CULTURA. Instituto de la Mujer ESPAÑA. UCD. Ministerio de Cultura, Juventud y Deportes. CNF. Centro Nacional para el Desarrollo de la Mujer y la Familia. Anos 80

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Imaxe
Fonte: MINISTERIO DE CULTURA. Instituto de la Mujer ESPAÑA. UCD. Ministerio de Cultura, Juventud y Deportes. CNF. Centro Nacional para el Desarrollo de la Mujer y la Familia.    " No limites su educación. Es una mujer del siglo XXI ". Este foi o lema dunha campaña publicitaria dos anos oitenta do Ministerio de Cultura a través do Instituto da muller co que se  traballaba na igualdade de xénero no eido do acceso á educación. Moito avanzamos mais compre seguir a traballar.   Co motivo do vindeiro 8 de marzo,  Día da Muller (co lema "Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos el paso para la igualdad de género") desde o blog da biblioteca do conservatorio, eliximos esta alegre e á vez poderosa imaxe para conmemorar este día.   E así enlazamos ca recomendación deste mes: la directora de orquestra mexicana Alondra de la Parra Fonte: eleconomista.com    Por se queredes ler mais sobre mulleres na dirección orque...

ANPA: 8 DE MARZO

Imaxe
Hoxe o ANPA trouxo un atril moi especial polo vindeiro 8 de marzo: o Día internacional da muller .   8 de marzo: Día Internacional da Muller . A esquerda poderemos ler sobre a verdadeira orixe do día internacional da muller . E á dereita, xunto cunha lista feita con moito agarimo das mulleres que traballamos dun xeito ou otro no CMUS Xan Viaño, pódese ler o seguinte:   "¡¡¡¡¡CHICAS!!!!!    Los chicos de este conservatorio os queremos dar las gracias por y cada una de vuestras funciones que desempeñáis. Mostraros nuestro más profundo y sincero respeto y que nos sentimos orgullosos de vosotras" ¡¡GRACIAS!!"   :)

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 de marzo

Imaxe
Rosa Luxemburgo. Fonte:  Libre acción poética O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como facedoras da historia e funde ás súas raíces na loita de séculos da muller por participar na sociedade e na vida política e económica en igualdade co home (Fonte: ONU ). É un momento para non esquecer esa loita e tamén de reflexión sobre os avances acadados, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión desas mulleres que desenvolven unha extraordinaria e marabillosa función na historia dos dereitos da muller.   Aínda que o discurso data de 2007, Isabel Allende ilustra hoxe -xunto a Rosa de Luxemburgo- o noso blog. Isabel participou en marzo daquel ano na Conferencia TED ( Technology Entertainment and Design [Tecnoloxía, Entretemento e Deseño]) en Monterey (California), unha conferencia mundial dedicada á difusión de "Ideas que Paga a pena Difundir". Como di o resumo da súa charla que podedes ler na súa páx...