Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

XXVIII PREMIO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

Imaxe
O coreano Jaeyeon Won gana o Premio Internacional de Piano de Ferrol.     O ganador do Premio Internacional de Piano, onte á noite no seu actuación no Auditorio de Ferrol. Á ngel Manso (La Voz de Galicia)   Adxuntamos link por se queredes ler a noticia na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/11/29/coreano-jaeyeon-won-gana-premio-internacional-piano-ferrol/0003_201411G29P43991.htm  

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imaxe
"Matriarcas" é un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado "Lúas de outubro e agosto". É a súa homenaxe ás mulleres. Dende a biblioteca compartimos este precioso video.       Disfrutádeo    

XXVIII CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

Imaxe
 Adxuntamos un link onde atoparedes máis información: http://www.pianoferrol.com/index.html

22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

Imaxe
 É emocionante pensar que unha parte do mundo, á marxe das súas causas, coincide nun día para celebrar a Música. Dende a Biblioteca aproveitamos para facer unha recomendación musical neste día: se tedes 1'25'' podedes escoitar " Balulalow ", de Benjamin Britten, unha deliciosa peza do seu " Ceremony of Carols " Op. 28.      Esperamos que vos guste.

O RINCÓN DO COMPOSITOR: DÍA DA MÚSICA

Imaxe
  Dende o 18 ata o 30 de Novembro o "rincón do compositor" estará dedicado a Sta. Cecilia, patrona dos músicos, pois como sabedes a súa festividade celébrase o 22 deste mes.    Nesta ocasión atoparedes unha homenaxe ó Día da Música a través da orquestra cunha referencia á súa historia e a figura do director.    Teatro Xan Viaño MMXIV    Nel teatro pódense ver grabacións feitas no Auditorio do Conservatorio e que tedes recollidas na "cartelera":  Cartelera    ¡Esperamos que vos guste!

GATO CON BOTAS - TEATRO COLON - CORUÑA

Imaxe
  Aquí vos deixamos unha proposta moi interesante do Teatro Colón da Coruña que se vai a celebrar durante os días 21 e 22 de Novembro. Trátase da posta en escena do conto " O Gato con botas" onde todo tipo de público (nenos e non tan nenos) poderá disfrutar dunha velada de teatro (a cargo do grupo "Theatron"), música (interpretada pola "Orquestra de Cámara Galega" e composta polo compositor galego Rogelio Groba Groba), baile e escenografía (baixo a supervisión e realización de bailarinas profesionais e de "Video Mapping"). A continuación vos deixamos un link de interés: http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/teatro/teatro-colon/4188--o-gato-con-botas.html Esperamos que vos guste

O RINCÓN DO COMPOSITOR: VERDI

Imaxe
 Neste mes de Novembro, o ANPA inaugurou "O rincón do Compositor", un espazo no vestíbulo do Conservatorio que ó longo do curso estará dedicado a diferentes autores e que renovarase os días 1 e 15 de cada mes. Nesta ocasión o elixido foi Verdi. Adxuntamos algunhas das fotos que o ANPA cedeunos amablemente:   Aproveitamos tamén para subir algunhas fotos das últimas actividades feitas polo ANPA:   El ANPA somos tod@s  Un mar de papiroflexia   Samaín no Conservatorio  

I CONCURSO DE DEBUXO E CONTOS "MÚSICA PARA A PAZ"

Imaxe
 O equipo de Dinamización de Convivencia do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol, convoca o I Concurso de Debuxo e Contos "Música para a Paz" que pretende difundir a importancia da música como linguaxe universal e transmisor dos valores de paz, convivencia, amor e igualdade.  Consultade as bases e animádevos a participar. Tedes ata o 16 de xaneiro (inclusive) para participar.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Imaxe
  Mes da Ciencia nas bibliotecas escolares ‘Biblioteca escolar... matemático!!!’ é o lema co que este ano as bibliotecas escolares animan os alumnos e alumnas a ampliar o seu coñecemento sobre ciencias, concretamente a saber máis das matemáticas.  Con este obxectivo, as bibliotecas escolares convértense no mes de novembro nun fervedoiro de iniciativas variadas e orixinais, entre as que se inclúen exposicións bibliográficas, guías de lectura sobre obras relacionadas coas ciencias, selección de recursos electrónicos, obradoiros de experimentos científicos, concursos de fotografía matemática, sesións de xogos e mais de lectura e cálculo, que se poden consultar en www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ .      Ademais, para este comezo do curso, a Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería puxo ao dispor dos centros educativos unhas maletas viaxeiras científicas sobre matemáticas, ás que se sumarán outras sobre ciencias naturais, bioloxía e xeoloxía, así como de física e quími

TRIVIAL MUSICAL – Concertos 19 de Novembro e 4 de Decembro

Imaxe
    En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ós concertos do Mércores 19 de Novembro e do Xoves 4 de Decembro.   Para participar tedes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com . As entradas entregaranse por orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.  No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). Tamén no correo tedes que especificar un dos dous concertos e no caso de que queirades ir aos dous inclu

Recomendación de Novembro: B.S.O. de “Tous les matins du monde”

Imaxe
Tous les matins du monde   Este mes,   imos recomendarvos a banda sonora da película “ Tous les matins du monde ” (Todas as mañás do mundo).   A película (Alain Corneau, 1991) conta con actores coma Gérard Depardieu ou Anne Brochet e é un drama de época que transcorre na Francia do século XVII. Conta a historia dun mestre de viola ( Sainte-Colombe ) e a súa relación cun alumno na corte de Luis XIV (o aínda novo Marin Marais ): unha verdadeira xoia para os melómanos.     A banda orixinal da película foi composta por Jordi Savall (Premio Nacional de Música 2014, ó que renunciou) e inclúe unha selección de pezas de Marin Marais, Sainte Colombe, François Couperin e Jean-Baptiste Lully: 1.        Marche pour la cérémonie des Turcs ( J.B. Lully ) 2.        Improvisation sur les Folies d’Espagne ( M. Marais ): extraits 3.        Prélude pour Mr. Vauquelin ( J. Savall ) 4.        Gavotte du Tendre ( Sainte Colombe ) 5.        Une jeune fillete (Mélodie populaire