Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

IV RETO MUSICAL: premiadas

Imaxe
  Olga e María foron as nosas gañadoras do Reto Musical deste curso. Grazas pola súa curiosidade e valentía ao enfrentarse ao reto.

SERVIZOS 22 de marzo: peche de 17 a 18

Imaxe
     O vindeiro venres 22 de marzo   a   biblioteca permanecerá pechada de 17 a 18 por cuestións organizativas do centro. Desculpade as molestias Un saúdo

DÍA MUNDIAL DA...

Imaxe
 

17 DE MARZO: DÍA DO CÓMIC

Imaxe
 A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, Cómic e Lectura, presenta o cartel oficial do II Día do Cómic e do Cómic, que se celebra hoxe 17 de marzo. O cartel foi realizado polo ilustrador e debuxante Borja González, gañador do Premio Nacional de Cómic en 2023 por 'Nocturnal Scream'. Segundo o propio Borja González, a súa primeira idea foi “que o cartel fose un cómic en si mesmo, como a forma correcta de celebrar o Día do Cómic”. Segundo o seu autor, o deseño tamén pretende reivindicar a necesidade dunha lectura lenta e comprensiva. Así mesmo, a Dirección Xeral do Libro, Cómic e Lectura está a traballar nunha axenda conmemorativa de actividades arredor da banda deseñada, que se desenvolverá do 11 ao 17 de marzo, en todo o territorio nacional e que comeza coa presentación deste cartel.

15 DE MARZO: DÍA DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

Imaxe
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor é unha data importante que serve para lembrar que a defensa da saúde, a seguridade e os intereses económicos dos consumidores, así como o coñecemento dos dereitos que os protexen, é tarefa de todas as institucións e organismos públicos.

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de marzo

Imaxe
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Fonte: Ataquilla.com Auditorio de Ferrol: 20:30   Jessica Cottis, directora | Amy Dickson, saxofón   Serguéi Prokofiev, Sinfonía nº 1 en Re Maior, op. 25 “Clásica” Peter Sculthorpe, Island Songs* Joseph Haydn, Sinfonía nº 104 en Re Maior ‘Londres-Salomon’ Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada:  mércores 20  ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Imaxe
O día da Muller, celébrase cada 8 de marzo para lembrar a loita que as mulleres deben levar a cabo día tras día para adquirir os mesmos dereitos que os homes no mercado laboral e na vida en si mesma. "Na maior parte da historia, "Anónimo" era unha muller. É obvio que os valores das mulleres defiren con frecuencia dos valores creados polo outro sexo, nembargantes son os valores masculinos os que predomina n." Virginia Woolf 1882-1941  

NOVIDADES: doazóns do Ateneo de Ferrol

Imaxe
   Temos novidades na sección de "Historia-Varios" grazas ao Ateneo Ferrolán. Podes consultar a súa disponibilidad na  OPAC

RETO MUSICAL: tercera pista

Imaxe
 Reto 3: Terceira Pista Estrenouse en Viena e este  ano a obra cumpre 200 anos.  Esta obra foi o primeiro exemplo de un compositor importante  que incluíu partes vocais neste tipo de composición. Polo tanto é unha obra coral inda que esta característica só aparece no último dos seus movementos. Moitos críticos e musicólogos a consideran unha obra maestra da música occidental. O último movemento contén unha melodía moi coñecida por todas nós e representa a un continente. Non podemos dar máis pistas!!  De que obra e autor estamos a falar?

MERENDAS NA BIBLIO: do 4 ao 8 de marzo

Imaxe