Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Misión Gaia

Un equipo da UDC detecta metais de planetas perdidos na atmosfera de ananas brancas

Imaxe
  Científicos do CITIC usan datos da misión Gaia e intelixencia artificial para avanzar no estudo da evolución dos sistemas planetarios Ilustración dunha anana branca Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña logra un importante avance no estudo da evolución dos sistemas planetarios. A través dos datos proporcionados pola  misión Gaia  e co uso de técnicas de intelixencia artificial identificaron  trazas de metais nas atmosferas de ananas brancas , estrelas mortas tras quedar sen hidróxeno que fusionar. Estes metais, que non poden ser primordiais nin xerarse na anana branca a posteriori, atopan nos  restos de planetas destruídos  os seus hóspedes máis probables de acordo cos modelos e teorías máis actuais. Este achado revela a presenza de rastros de planetas que unha vez orbitaron estas estrelas e que foron destruídos cando o astro esgotou o seu combustible nuclear. O artigo, pub...