Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta USC

Novidades do estudo Senxoxenoma

Imaxe
O estudo Sensoxenoma revela que a música cambia a microbiota en persoas con  autismo e demencia O proxecto liderado polo IDIS acha que as composicións son un modulador biolóxico capaz de influír nos xenes, proteínas e microorganismos que afectan directamente á saúde O próximo 3 de outubro desenvolverase a cuarta edición de Sensoxenoma. Foto: RFG A música, un elemento universal que acompañou a humanidade desde as súas orixes, non só conmove ou serve de entretemento: tamén  pode transformar a bioloxía humana . Esta é unha das conclusións ás que chegou o proxecto   Sensoxenoma  que logo de tres anos de investigación revela por primeira vez como a música pode influír na bioloxía humana. Os estudos mostran que certos estímulos son capaces de modificar a expresión dos xenes, a actividade das proteínas   e mesmo a microbiota oral . Estas investigacións as están a levar a cabo en pacientes con diferentes condicións, como dano cerebral, alzhéimer ou Trastorno do Espectro...

Un libro recolle por primeira vez ata 704 cantigas de amor

Imaxe
  Unha investigadora da USC recompila os textos transmitidos nos cancioneiros medievais da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana C antiga medieval. Foto de arquivo 704 cantigas de amor  nunha mesma obra. Ese é o  novo libro da profesora da Universidade de Santiago (USC) , Mariña Arbor Aldea. A serie, dedicada á poesía galego-portuguesa,  recolle por primeira vez a edición crítica destes textos  transmitidos polos principais cancioneiros medievais. É o caso da Ajuda, da Biblioteca Nacional e da Vaticana. A publicación supón un avance destacable  na recuperación e divulgación do patrimonio literario  galaico-portugués. O volume impreso que  se presenta este xoves 24  recolle as 704 cantigas de amor co nome de  Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor . Cada unha delas está acompañada  cunha paráfrase en galego actual  e referencias ás fontes manuscritas e ás edicións previas existentes. Por outra banda, o libro tamén contará ...

As mulleres rurais, do estereotipo á realidade: “Vémolas dende un paternalismo feroz”

Imaxe
  A investigadora da USC Ana Cabana publica un libro onde analiza a política agraria do último século dende a perspectiva de xenéro Un grupo de leiteiras, viúvas de vivos emigrados a América, regresa a Carnota desde Muros, tras percorrer un camiño empedrado durante varios quilómetros. Foto: Ruth Matilda Anderson. Unha muller vella que apenas sabe ler nin escribir. Un rostro engurrado e unhas mans deformadas pola artrite, que aínda lembran como muxir as vacas, sementar os tomates e debullar os chícharos. Unha muller con mandil que pouco entende do mundo, que non saíu nunca da casa, que descoñece o que hai máis alá da súa eira. Isto é a clara construción dun estereotipo que nega a gran diversidade de mulleres que hai e sempre houbo no rural. “Moitas emigraron a Arxentina ou a Alemaña, pagaron as carreiras das fillas, entenden os xornais e sábeno todo sobre xestión agrícola”, di a investigadora  Ana Cabana Iglesia , que acaba de publicar un libro no que analiza a política agraria...

Un mapa dixital reúne todos os topónimos das cantigas profanas medievais

Imaxe
A maioría dos lugares que se citan nestes textos aínda existen na actualidade, pero moitos deles teñen unha relevancia social moi diferente De esquerda a dereita: a investigadora Carmen de Santiago; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a coordinadora do proxecto, Pilar Lorenzo; e a investigadora Mariña Bermúdez. Investigadoras da Universidade de Santiago (USC) crearon un mapa dixital con todos os topónimos que aparecen nas cantigas  profanas medievais . A cartografía é froito do traballo dun equipo dirixido pola catedrática de Filoloxía Románica  Pilar Lorenzo Gradín , e no que participan a historiadora  Mariña Bermúdez Beloso  e as filólogas  Carmen de Santiago  e  Helena Bermúdez . Esta ferramenta, denominada  CANTICAR , elaborouse no marco do proxecto  Lírica galego-portuguesa  desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. “Situamos no mapa todos os topónimos que os trobadores e xograres mencionar...

Un mapa interactivo xeolocaliza os lugares que inspiraron as 69 cantigas de romaría

Imaxe
A ferramenta creada na USC permite acceder a textos orixinais, datos históricos e fotografías actuais dos espazos relixiosos Unha das entradas que se pode atopar na web das cantigas de romaría Imaxina un  mapa interactivo  onde poidas consultar (e xeolocalizar) información sobre as  69 cantigas de romaría ou de santuario  que se conservan. Grazas a un proxecto de colaboración entre a Universidade de Santiago (USC) e a Universidade de Carolina do Leste, en Estados Unidos, xa non fai falla que o recrees na túa mente: o mapa xa é unha realidade. A iniciativa  Cantigas de Romaría  combina as novas tecnoloxías co estudo destas  pezas medievais , catalogadas como un suxénero das de amigo, que compoñen o  maior corpus de poesía en voz feminina da Idade Media europea . As cantigas de romaría remiten a igrexas, capelas e ermidas, evocando un pasado festivo vinculado á devoción relixiosa, como segue a acontecer nas romarías e festas patronais de hoxe. As lo...

Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz, Premios Nacionais de Investigación

Imaxe
  O galardón máis importante de España no ámbito da investigación premia ás científicas da UDC, CITIC e CiQUS Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU),  Diana Morant , anunciou hoxe ás persoas galardoadas cos  Premios Nacionais de Investigación  2024, que contan con  20 modalidades dotadas con 30.000  euros cada unha e son “o  recoñecemento máis importante  de España  no ámbito da investigación  científica”. Morant destacou o talento dos premiadas e premiados e subliñou que esta é a  edición con maior número de mulleres premiadas , “xa que nos anos anteriores presentáronse menos candidaturas de investigadoras”. De feito,  neste 2024 tres investigadoras galegas  ou que traballan nas distintas institucións científicas de Galicia  recibiron o galardón  pola calidade do seu traballo: trátase das investigadoras  Cristina Blanco , da Universidade de ...

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

Imaxe
  O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas Un dos concertos de Sensoxenoma. FOTO: Real Filarmonía de Galicia O proxecto galego  Sensoxenoma  acaba de alcanzar as primeiras evidencias que axudarían a entender obxectivamente, por vez primeira, o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo. O estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir de ADN dunha persoa como resposta a un estímulo musical, o que se coñece como o  transcriptoma . Para máis información, preme nesta ligazón .