Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ciencia

Falece Jane Goodall

Imaxe
  Hoxe dedicamos este post á etóloga británica  Jane Goodall , falecida onte aos 91 anos de idade, e quen é considerada a maior experta mundial en chimpancés. Estudounos durante máis de 60 anos en estado salvaxe e descubriu neles pautas de conduta e habilidades descoñecidas ata entón. O seu traballo foi fundamental para comprender as raíces do comportamento humano, dada a proximidade evolutiva das dúas especies. Ler máis en SINC

Cinco libros para agasallar ciencia

Imaxe
  Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega A literatura e a ciencia, dúas ferramentas fundamentais para coñecer e comprender o mundo, entrelázanse nos libros de divulgación científica. Este Nadal é un bo momento para impulsar a ciencia pero tamén a nosa lingua. Para que o galego continúe sendo unha lingua vizosa e siga configurando o pensamento da cidadanía, a divulgación científica é fundamental tanto entre o público adulto como o máis novo. Aquí achégase unha listaxe con libros cos que reflexionar sobre a importancia da ciencia para superar as crises, comprender o presente e tomar decisións para o futuro. A lectura é unha forma de evasión e de enriquecemento e non só para os adultos, senón que a través da literatura tamén se pode introducir os nenos no coñecemento científico. Consciencia. A ciencia que nos salvou da pandemia ,  Sonia Villapol Un libro para reflexionar sobre a covid e sobre as aprendizaxes c...

Animais, auroras boreais, eclipse de sol… As mellores imaxes científicas de 2024

Imaxe
  A revista 'Nature' publica unha escolma das fotografías máis representativas do ano Un cemiterio de baleas sacrificadas polos humanos no fondo do océano en Groenlandia. Fotografía gañadora do premio Fotógrafo Submarino do Ano 2024. Imaxe de Alex Dawson. A revista  Nature   fixo unha selección de imaxes científicas para destacar aquelas máis representativas ou rechamantes de 2024. As instantáneas recollen desde acontecementos como a eclipse de sol total do 8 de abril deste ano —que se puido ver en gran parte de América do Norte— e outros fenómenos naturais como a chuvia de meteoros das  Perseidas , o Etna producindo aneis de vórtice volcánico ou as precipitacións torrenciais en Kenia (África). Tamén recada outras fotografías icónicas como pingüíns precipitándose ao baleiro e a Estación Espacial Internacional durante as auroras na Terra. Estas son algunhas delas: Primeiro plano dun escaravello vermello Primeiro plano dun  escaravello vermello  ( Rhynchophor...

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

Imaxe
O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas Un dos concertos de Sensoxenoma. FOTO: Real Filarmonía de Galicia O proxecto galego  Sensoxenoma  acaba de alcanzar as primeiras evidencias que axudarían a entender obxectivamente, por vez primeira, o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo. O estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir de ADN dunha persoa como resposta a un estímulo musical, o que se coñece como o  transcriptoma . Se ben o ADN se mantén máis ou menos estable ao longo de toda a vida, o transcriptoma é dinámico e reflexa a resposta dunha persoa aos cambios que se producen na contorna ou derivados da idade (estímulos visuais, auditivos, derivados da nutrición, ou por causa de enfermidades, entre outros). Un dos resultados máis destacados do estudo é que “ as persoas con demencia teñen unha maior sensibilidade á música , si por ist...

Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz, Premios Nacionais de Investigación

Imaxe
  O galardón máis importante de España no ámbito da investigación premia ás científicas da UDC, CITIC e CiQUS Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU),  Diana Morant , anunciou hoxe ás persoas galardoadas cos  Premios Nacionais de Investigación  2024, que contan con  20 modalidades dotadas con 30.000  euros cada unha e son “o  recoñecemento máis importante  de España  no ámbito da investigación  científica”. Morant destacou o talento dos premiadas e premiados e subliñou que esta é a  edición con maior número de mulleres premiadas , “xa que nos anos anteriores presentáronse menos candidaturas de investigadoras”. De feito,  neste 2024 tres investigadoras galegas  ou que traballan nas distintas institucións científicas de Galicia  recibiron o galardón  pola calidade do seu traballo: trátase das investigadoras  Cristina Blanco , da Universidade de ...

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

Imaxe
  O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas Un dos concertos de Sensoxenoma. FOTO: Real Filarmonía de Galicia O proxecto galego  Sensoxenoma  acaba de alcanzar as primeiras evidencias que axudarían a entender obxectivamente, por vez primeira, o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo. O estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir de ADN dunha persoa como resposta a un estímulo musical, o que se coñece como o  transcriptoma . Para máis información, preme nesta ligazón .