Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Contacontos

Contacontos e charla con Isabel Ramos Breijo. Na nosa biblioteca o 10 de decembro ás 17:00 h.

Imaxe
O día 10 de decembro ás 17:00 h. , teremos a visita na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, da escritora galega ... 🌟📖🖋 Isabel Ramos Breijo (Puente de Mera, Ortigueira, 1971).  Amante da escritura dende moi nova, comezou no mundo do teatro con Roberto Leal, incorporándose posteriormente ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participou durante varios anos como membro activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Nese grupo coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento.  Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos de la poesía y la literatura de Narón. Tamén participa en varios obradoiros de escritura, entre eles Pluma Encendida . Forma parte como membro moi activo da Asocación Gallega de Escritores ( AGER ). Presentou o seu primeiro libro de relatos "Hasta el infinito y más allá" no ano 2022 e un ano despois, a novela negra/policíaca "El s...

Cóntoche un conto na biblio do Xanvi ?

Imaxe
Dende a Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, queremos anunciar esta iniciativa con moita ilusión. A idea xurdiu da coordinadora da biblioteca, a quen lle gosta moito ler contos, sobre todo aos nenos e nenas. Ocorréuselle preparar un recuncho acolledor na biblioteca para que, quen queira, poida compartir un ratiño de lectura agradable.  🫂Quén pode participar? Todo o alumnado, o profesorado e persoal non docente como os conserxes e as limpadoras.  📖 📢Qué se precisa?  Soamente hai que traer un conto da casa ou coller un da biblioteca que che goste moito, un capítulo dunha novela de aventuras, algunha reflexión dalgún outro libro, poesía, etc. Pensa nas idades variadas do alumnado e ter gañas de interpretar as diferentes personaxes que aparecen nos fragmentos ou simplemente por en práctica a oratoria e expresividade oral. Anótate nas follas de rexistro que están no recibidor do conservatorio , diante da mampara da biblioteca. Hai que por o día e a hora na que...