Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

NOVIDADES: para clarinete

Imaxe
Temos novidades en clarinete piano e métodos (CA.P 97 e 98 e CA.M 28) *R 6563 a 6565 Estarán uns días no atril de novidades e despois pasarán aos andéis correspondentes. Podedes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

TRIVIAL MUSICAL, 16 de maio

Imaxe
    Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 16 de maio de 2019.Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro 13 de

CONCURSO RETOS MUSICAIS

Imaxe
  Xa está a urna na biblioteca esperando as vosas participacións. Lembrade que tedes ata o día 6 de maio ás 21:00 e o sorteo entre os participantes que acertaron os retos, será o día 7 de maio ás 13:00 na biblioteca.

CONCURSO RETOS MUSICAIS: reto 3

Imaxe
Reto 3: o título da peza  A colección á que pertence a peza publicouse tres anos antes da morte de Isabel I de Inglaterra. Retrato Darnley (1575 ca). Fonte: www. google.es  Cando teñades a data e o título da colección, podedes consultar o facsímil en IMSLP  (Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais, polas súas siglas en inglés) tamén coñecida como  Petrucci Music Library ( Biblioteca Musical Petrucci ). Só tedes que buscala e darlle a " view ". Coidado con outras fontes: na Wikipedia , por exemplo, no listado das cancións, inclúese no índice unha peza de laúd a solo (que non é canción...)!!!  E agora a pensar un pouco: - A canción está composta para 4 voces - A súa letra capitular é consoante - O seu número no índice coincide co número de cordas en total que polo xeral tiña o laúd renacentista na primera metade do século XVI (tede coidado que a partir da segunda metade comenzouse a incrementar o seu número). - Se os animades a

HOXE, IV ENCONTRO DE COROS INFANTÍS E XUVENÍS

Imaxe
      Fonte: José Pardo, La Voz de Galicia     Estarán "O Peque Coro" e " O Peque Coro in crescendo " do CMUS Xan Viaño de Ferrol   Enlace á noticia dixital: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/04/27/encuentro-coros-infantiles/0003_201904F27C10996.htm

NOVIDADES: publicacións periódicas

Imaxe
  Xa está disponible para a súa consulta en sala o último número de aulas libres (abril 2019, nº 12)

CONCURSO RETOS MUSICAIS: reto 2

Imaxe
Reto 2: o seu xénero de composición  A peza que buscamos, pertence a un xénero típicamente inglés: a canción solista con acompañamento de laúd. A canción pode ser interpretada tamén como un arranxo a catro voces, con ou sen acompañamento do laúd. O altus, tenor, e bassus están escritos de tal xeito que os cantantes arredor dunha mesa poden ler dun só libro!. Exemplo de escritura. Non se trata da peza que buscamos aínda que se lle parece moito... Fonte: google.es    O término  apareceu concretamente por vez primeira en 1597, nunha publicación do autor do reto 1 . A que xénero referímonos?

HOXE 25 DE ABRIL: MÚSICA E EMOCIÓNS

Imaxe
Música, emociones e neurociencia Fonte: Youtube.com   "La música une a las personas y desata emociones en todo el planeta. En este capítulo de Redes, el neurocientífico y profesor de psicología de la música, Stefan Koelsch, de la Universidad de Berlín, le explicará a Punset que dice la neurociencia sobre las emociones evocadas por la música." E, en relación co vídeo anterior, recomendamos o que pasará no Auditorio "José Arriola" do conservatorio hoxe ás 18:00..

SERVIZOS, 25 de abril

Imaxe
  O xoves  25  de  abril  a biblioteca acolle unha exposición de trompetas e ntre as 17:00 e as 20:00   Os servizos de empréstitos e devolución mantense como sempre. Saúdos da biblioteca

CONCURSO RETOS MUSICAIS: reto 1

O noso obxectivo final é chegar-a través de tres retos- a unha peza musical concreta. Non esquezas que a curiosidade non ten límites. Comezamos...   RETO 1: o seu compositor    Durante a segunda metade do século XVI -relacionado co aumento da música profana-, chégase á gran época de esplendor da música inglesa (1590-1620)* a coincidir coa época Isabelina e o xenio de Shakespeare. Nesta época viviu este compositor que, cun estilo elegante e melancólico, foi considerado un dos grandes compositores para laúd e canciones para voz e laúd da época.    Grandes músicos actuais como Jan Akkerman (1946), Elvis Costello (1954) o Sting (1951), comparten haber tocado ou versionado a súa música. De quen se trata?       * Michels Ulrich, Atlas de Música, 1 , Alianza Atlas, Alianza Editorial, 1993

EXPOSICIÓN DE TROMPETAS, 25 abril

Imaxe

CONCURSO DE RETOS MUSICAIS: bases

BASES :    1. Participantes: alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumno pode participar unha vez.    2. Requisitos: responder correctamente a cada un dos TRES retos histórico-musicais propostos no blog da biblioteca: http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com - O reto nº 1 publicarase o día 24 de abril - O reto nº 2 publicarase o día 26 de abril - O reto nº 3 publicarase o día 29 de abril.    3.   Respostas: cada participante deberá escribir nunha folla a resposta para cada un dos retos xunto cos seus datos (nome completo e curso). Ver exemplo: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                    Respostas: Reto 1:_____________________ Reto 2:_____________________ Reto 3:_____________________                4. Prazo e lugar de entrega: as respostas deberán ser introducidas nunha urna que se colocará na biblioteca, desde o día 29 de abril ás 16:00h ata o 6 de maio ás 21:00h.   5. Selecci

CENTRAL LIBRERA: exposición

Imaxe
  c/ Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54 Con motivo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril), desde hoxe 23 ata o 30 de abril na biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera"  da rúa Real, haberá unha pequena exposición e venda de libros de temática musical que pode resultar de interés para a comunidade educativa.     Os títulos e prezos son interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fa rá un 10 % de desconto tanto ao profesorado como ao alumnado.  Se eres pai ou nai e queres pasarte podes facelo recollendo previamente unha autorización en conserxería.  Se estades interesados nalgún dos títulos falade cos profesores de garda en biblioteca ou ca coordinadora (Águeda). Esperamos que sexa do voso agrado. Feliz Día do Libro       Mail: centrallibrera@gmail.com Web: www.centrallibrera.net   Facebook:   https://www.facebook.com/centralibrerareal

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: Día do Libro

Imaxe
     Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares: Día Mundial do Libro 2019   " Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019. Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre , quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse".   DÍPTICO COMPLETO CAPA DO DÍPTICO TEXTO DE MARILAR ALEIXANDRE  

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

Imaxe
Fonte: https://www.diadellibro.eu/dia-del-libro-2019   O 23 de abril será o Día do Libro, e como todos os anos imos celebralo: nesta ocasión, cun novo conto escrito e ilustrado por " Musicreques ".   A chicharra Dora   Fonte: gooogle.es

NOVIDADES: VI Mostra Musical Eixo Atlántico Vol1

Imaxe
" Gravado os días 5 e 6 de maio de 2018 no Auditorio de Teatro Municipal de Vila Real cos grupos e solisas finalistas da VI Mostra Musical do Eixo Atlántico de Novos Intérpretes ". No CD Durante uns días estará no atril de "novidades" 

NOVIDADES: AUDIOVISUAIS

Imaxe
 " Tres institucións galegas -Consellería de Cultura, Educación e O.U., Fundación Pandeia Galiza e Estudos MANS - únense e abordan este proxecto común co obxectivo de recoñecer o esforzo dos estudantes dos Conservatorios Profesionales de Música de Galicia, así como elaborar na promoción e proxección de novos talentos no sector da música ".  CD1: Varios artistas: Marta Rodríguez, Laura Morales e Marina Hermida CD2: Memento Vivere. Álvaro Jurado García. Pianista acompañante: Ana María Senn Lozoya Podedes escoitalos no punto de escoita.  Durante uns días estarán no atril de novedades e despois pasarán os andéis de audivisuais.

ENCONTROS PLAMBE 18-19: materiais

Imaxe
Fonte: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27323   " Carmen Pomar salienta a importancia das bibliotecas escolares no impulso da innovación educativa "   " A conselleira de Educación inaugurou a xornada conxunta dos Encontros PLAMBE Os Encontros reúnen a responsables e coordinadores das 679 bibliotecas escolares que participan no Plan de Mellora "   Fonte e noticia completa en: Portal Educativo da Xunta . Os materiais , para todo o interesado, podédelos atopar no enlace mais abaixo á Rede de Bibliotecas Escolares . En breve rematarán de colgalo Atoparedes charlas a cal mais interesante: robótica con tecidos, traballos de centros,... Recomendamos con todas nosas forzas a charla da periodista Rosa Mª Calaf " Aprendendo a pensar entre a mentira e o ruído ", unha marabillosa exposición sobre o poder dos medios de comunicación na opinión da xente, como se conta a historia así como sobre o dereito e a loita pola información veraz.

NOVIDADES: jazz e percusión

Imaxe
Método de Movimiento para Marimba : con 590 ejercicios / Howard Stevens, Leigh ; Valdés, David (P.M/ 32, *R, 6562) Publicación: Keyboard Percussion Publications Materias: Percusión - métodos e tratados     Jazz. Podedes escoitalos na sala!. Se estades interesados en emprestalos para casa, falade co profesor de garda, que recollerá os vosos datos, e a coordinadora poñerase en contacto con vós á maior prontitude posible.    Un saúdo

CONCURSO BANDAS SONORAS

Imaxe
Faltan 3,2,1...   Taboleiro do ANPA do CMUS Xan Viaño (Ferrol)  

HOXE, no Teatro Jofre

Imaxe
Hoxe, ás 20.30 horas Sala: Teatro Jofre Fonte: Sociedade Filarmónica Ferrolana MARTA MOLL DE ALBA, Piano DAMIÁN MARTÍNEZ MARCO, Violoncello   PROGRAMA: Primera Parte JOHANNES BRAHMS   Sonata en mi menor op. 38 (1865) CLARA SCHUMANN Romanzas op.22 (1853) Segunda Parte ROBERT SCHUMANN Stücke im Volkston op. 102 (1849) ROBERT SCHUMANN   Romanzas op. 94 (1849)

Na aula de Andrea...

Imaxe
Desde esta semana, e durante todo o mes de abril, a profesora de 4º de linguaxe musical Andrea  está a facer unha biblioteca na súa aula. Se tedes pouco tempo para pasar pola biblio xa o tedes doadísimo. Fanse empréstitos na vosa mesma clase de linguaxe musical. Andrea comenta que está a ser un éxito!!! Aproveitade a ocasión Foto cedida por Andrea, profesora de 4º GE

INDIGNACIÓN

Imaxe
" Indignación en Cedeira por la retirada de una exposición de poemas de alumnos del IES " (Fonte: La Voz de Galicia)   No equipo de biblioteca, facémonos eco da indignación no IES Punta Candieira.   Aquí un enlace á prensa e a intervención da coordinadora da súa biblioteca en cadena Ser.   La Voz de Galicia   Intervención de Rosana Freire, na cadena ser (a partir do minuto 14 aprox.) " ...reivindicando sus derechos, a la libertad de expresión, a sus poemas, a exponerlos, a recitarlos... a que fueran conocidos, es decir, a que no se les cortara su libertad de expresión, que es lo que están reclamando. También nosotros, desde la alegría de lo que es la poesía, nada más, y desde lo que es la creación " (Rosana Freire)   Fonte: A Voz de Galicia    

CONCURSO DE ESCOITA: ganador

Imaxe
Onte tivo lugar o sorteo entre os partipantes do concurso de escoita organizado polo Departamento de Piano. O ganador é:   SANTIAGO DÍAZ de 6º GP A continuación o resultado das vosas votacións:    Vladimir Horowitz  1  Martha Argerich 5  Arthur Rubinstein. 4   Enlazamos coa ganadora :) Grazas a todos/as por participar.  

2 DE ABRIL: día internacional del Libro infantil

Imaxe
Día Internacional del Libro Infantil 2019: Los libros inspiran pausa Fonte: google.es   Velaquí a nosa recomendación particular para hoxe : a nós, encántannos tooooodos os libros de Eric Carle ... como mistura as cores, os seus debuxos... e o que nos contan... Enlazamos cun dos seus libros, lidos por nenos dun colexio de Zaragoza. Esperamos que vos guste: " A vida do camaleón era bastante aburrida. Ata que un día foi ao zoo. Veu animais tan distintos, grandes, elegantes e divertidos que quixo ser como cada un deles e como todos ao mesmo tiempo. E ata se lle antoxou ser como as persoas. Fíxose un lío tan monumental que ao final decidiu ser unha soa cosa..." Fonte: Amazon .  

SERVIZOS: 1 de abril

Imaxe
Hoxe  luns 1  de  abril  a biblioteca permanecerá pechada e ntre as 20:00 e as 21:00  Disculpade as molestias

SOCIEDADE FILARMÓNICA FERROLANA, concerto 4 de abril

Imaxe
  Este é o cartel do vindeiro concerto organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolana. Grazas á Sociedade dez de nosos alumnos poderán asistir de balde.