CONCURSO RETOS MUSICAIS: reto 3
Reto 3: o título da peza
A colección á que pertence a peza publicouse tres anos antes da morte de Isabel I de Inglaterra.
Cando teñades a data e o título da colección, podedes consultar o facsímil en IMSLP (Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais, polas súas siglas en inglés) tamén coñecida como Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci). Só tedes que buscala e darlle a "view". Coidado con outras fontes: na Wikipedia, por exemplo, no listado das cancións, inclúese no índice unha peza de laúd a solo (que non é canción...)!!!
E agora a pensar un pouco:
- A canción está composta para 4 voces
- A súa letra capitular é consoante
- O seu número no índice coincide co número de cordas en total que polo xeral tiña o laúd renacentista na primera metade do século XVI (tede coidado que a partir da segunda metade comenzouse a incrementar o seu número).
- Se os animades a escoitar pezas en YouTube, a típica melancolía do autor NON a atoparedes (nin na música nin na letra!)
Lembrade que tedes desde hoxe 29 de abril ás 16:00 ata o 6 de maio ás 21:00 para participar.
Comentarios
Publicar un comentario