CONCURSO DE RETOS MUSICAIS: bases
BASES:
1. Participantes: alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumno pode participar unha vez.
2. Requisitos: responder correctamente a cada un dos
TRES retos histórico-musicais propostos no blog da biblioteca: http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com
- O reto nº 1 publicarase o día 24 de abril
- O reto nº 2 publicarase o día 26 de abril
- O reto nº 3 publicarase o día 29 de abril.
3. Respostas: cada participante deberá escribir nunha folla a
resposta para cada un dos retos xunto
cos seus datos (nome completo e curso). Ver exemplo:
Nome: _____________________
Curso: _____________________
Respostas:
Reto 1:_____________________
Reto 2:_____________________
Reto 3:_____________________
4. Prazo e lugar de entrega: as respostas deberán ser introducidas nunha
urna que se colocará na biblioteca, desde o día 29 de abril ás 16:00h ata o 6
de maio ás 21:00h.
5. Selección: o xurado, constituído por docentes e persoal non
docente, realizará un sorteo entre os participantes; a coordinadora de
biblioteca descartará previamente as participacións que non respondan de xeito
correcto ás tres respostas.
O resultado do sorteo farase público o 7 de maio na biblioteca ás
13:00h.
6. Premio: haberá un premio consistente nun vale de 30€ para a merca de material musical.
7. A participación neste concurso
implica a aceptación das bases.
Comentarios
Publicar un comentario