O RINCÓN DO COMPOSITOR: JOHANN SEBASTIAN BACH
O rincón do compositor: Johann Sebastian Bach (1685-1750) Desde o martes 17 de marzo o rincón do compositor está dedicado a Johann Sebastian Bach (1685-1750). Nesta ocasión o retrato de Bach (Haussmann, 1748) preside o rincón e a ámbolos lados hai unhas láminas de José Otero Abeledo (Lalín, 1908- Vigo 1996) máis coñecido como Laxeiro . Sobre un coxín baixo o retrato atopamos unha batuta, un diapasón e unha pluma. Arredor do coxín candeas amarelas e verdes fainos pensar en todas as notas que Bach puido compoñer durante as noites. Sobre un piano unha pregaria en honor ao compositor "Bach nuestro / que estás en la música / santificado sea tu preludio / venga a nosotros tu fuga / hágase, Señor, tu contrapunto / así en la sonata como en el concierto / Perdona nuestras notas falsas así como nosotros perdonamos a los que las cometen / No nos dejes caer en el reggaetón / líbranos de Clayderman / porque tuya es la inspiración, / la creatividad / ...