Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Uvigo

A astrofísica Begoña Vila será doutora honoris causa da Universidade de Vigo

Imaxe
  A astrofísica Begoña Vila será doutora honoris causa da Universidade de Vigo A enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA converterase na 31ª persoa en recibir a máxima distinción académica da institución galega O vindeiro mércores 29 de outubro, a  Universidade de Vigo  investirá como  doutora honoris   causa  á astrofísica viguesa  Begoña Vila , enxeñeira principal de  Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA . Ela converterase na 31ª persoa en recibir a máxima distinción académica da UVigo. O acto solemne terá lugar no edificio Politécnico do campus de Ourense, ás 12.00 h. O seu nomeamento foi  aprobado por unanimidade  no Consello de Goberno da Universidade o pasado mes de xuño. A proposta partiu do Departamento de Física, encabezada por  Nieves Lorenzo , directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Esta distinción, comenta o equipo promotor, quere contribuír a recoñ...

Un equipo da UVigo logra asentar en Corrubedo unha tartaruga en perigo de extinción

Imaxe
As análises de ADN confirman unha "reducida diversidade xenética" que podería comprometer a viabilidade do grupo a longo prazo Unha tartaruga liderada polo equipo da UVigo na lagoa de Olveira. Foto: Adolfo Cordero No ano 2004, en equipo da Universidade de Vigo (UVigo) incorporou sete crías da  tartaruga europea  ( Emys orbicularis ) no  Parque Natural de Corrubedo . O obxectivo desta iniciativa promovida pola Xunta era a reintrodución da especie —considerada en perigo de extinción no catálogo autonómico— nun hábitat no que estivera presente historicamente. Nos seis anos seguintes, o grupo incorporaba ás lagoas outras oito crías e cinco exemplares adultos. Tras un exhaustivo traballo de seguimento e avaliación, vense de constatar o aumento da poboación de tartaruga europea en Corrubedo. Os labores de vixilancia e control permitiron comprobar como o número de  sapoconchos  presentes nunha poza do complexo dunar se mantiña  estable ata 2018 , con cifras q...