Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día do Libro

SE LES...

Imaxe
 COLLE UN MARCAPÁXINAS...   E SE NON LES, POR QUE NON COLLES UN E PROBAS? 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Imaxe
A ilustradora zaragozana Helena Pallarés é a autora do cartel do Día do Libro 2024. O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Proclamada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Esta xornada homenaxea os libros e autores e fomenta o acceso á lectura do maior número de persoas posible.

DÍA DO LIBRO: EXPOSICIÓN

Imaxe
   Na biblioteca xa estamos preparando a exposición que facemos todos os anos con motivo do Día do Libro... Manterémosvos informados e namentres podedes consultar algúns dos libros que teremos expostos nesa exposición para a súa venda na biblioteca.   Catálogo1   Catálogo2   CENTRAL LIBRERA REAL C/Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54 Mail: centrallibrera@gmail.com Web: www.centrallibrera.net Visitanos en: Facebook:   https://www.facebook.com/ centralibrerareal Twitter_:       https://twitter.com/ centralibrera Blog_:          centrallibrera.wordpress. com/

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares    " Achégase o Día Mundial do Libro , o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo , un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."   Fonte: Bibliotecas Escolcares - Día Mundial do Libro   Neste enlace con BE atoparedes un enlace á mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO 2016 con motivo desta celebración e o link a...

23 DE ABRIL: CURTAMETRAXE "The fantastic flying books"

Imaxe
Para conmemorar o Día do Libro subimos unha preciosa curta grazas á suxerencia dos profesores de piano Loreto Pérez e Santiago Ocampo .     ¿Cal foi o último libro que lestes? ¿Cal estades a ler? Feliz día do Libro

23 DE ABRIL: COLABORACIÓN CA "CENTRAL LIBRERA"

Imaxe
Co motivo da conmemoración do Día do Libro, o vindeiro xoves 23 de abril na Biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera"  haberá unha pequena exposición e venta de libros de temática musical que poden interesar a toda a comunidade educativa.    Piano, Historia da música, ópera...   Libros infantís e xuvenís, guitarra eléctrica, música popular urbana...   Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto. A exposición rematará o mércores 29 de abril.   Esperamos que sexa do voso agrado Feliz Día do Libro :)

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Imaxe
 Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar , sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar".    DÍPTICO DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2015