Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Hilda Romero Velo

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

Imaxe
  A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical A investigadora Hilda Romero Velo no CITIC. Escoitas unha canción nun bar ou nun centro comercial. Gústache, pero non sabes cal é o título nin a persoa que a interpreta. Colles o teu móbil, activas o Shazam e, en cuestión de segundos, tes a reposta a ambas as dúas preguntas. Agora, unha investigadora do CITIC pon en marcha unha idea semellante, pero aplicada esta vez á música tradicional galega . A través do sistema FUGA-ID , calquera pode tocar o fragmento dunha canción folk e a ferramenta devolverá as partituras máis semellantes. Hilda Romero Velo é a convidada ao novo episodio de O Descodificador , o pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, no que explica os fundamentos da súa tese doutoral. Os eixes vertebradores son a música, a bioloxía e a computación. Esta última funciona como ponte entre as primeiras disciplinas e non s...