Voluntariado na Biblioteca do Xan Viaño


 Noa Nistal Liñares, pianista.


Julia López García, saxofonista.

Presentámosvos as nosas voluntarias deste ano na biblioteca do Conservatorio, que están a participar no Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Chámanse Noa que se etá a formar como pianista e Julia que se estrea este ano co saxo.

Levan tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñecen como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén están a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais e na dinamización das actividades que facemos na biblioteca.

Moitas grazas a estas voluntarias que queren axudar a aprender o que se cociña na biblioteca do Xan Viaño !! E se alguén quere participar como voluntario o próximo curso, estade atentos ao blog ....


Grazas Noa e Julia !!


O Equipo de Biblioteca

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL