Concerto de Fin de Ano Filharmónica de Berlín con Kirill Petrenko y Danill Trifonov



A Filarmónica Ferrolana únese á iniciativa musical do DUPLEX Cinema na retrasmisión en directo do Concerto de Fin de Ano da Filharmónica de Berlin.

«Tenno todo e aínda máis: delicadeza, pero tamén o elemento demoníaco. Nunca escoitei nada semellante", declarou asombrada Martha Argerich sobre Daniil Trifonov. Para rematar o ano, esta estrela do piano interpreta xunto á Filarmónica de Berlín e Kirill Petrenko o monumental Concerto para piano núm. 2 de Johannes Brahms. Seguirán as obras de danza espléndidamente instrumentadas de Richard Strauss: os valses de Der Rosenkavalier e a Danza de Salomé, que irradia unha sensualidade ofensiva.
 
 
O evento terá lugar o 31 de decembro de 2024 ás 17:30h no DUPLEX Cinema Ferrol


Boas novas para todos os socios da Filarmónica Ferrolana xa que terán a sua disposición, 20 entradas gratuitas para asistir a este memorable concerto.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL