Sabías que as teas de araña fan música? Aquí podes escoitala

 O proxecto Spider's Canvas, formado por enxeñeiros, compositores e artistas, traduce a estrutura das redes en sons e melodías

Corte transversal de una tela de araña, de donde se extrae un mapa tridimensional que luego se transforma en música.
Markus Buehler (otros)

As arañas son animais que dependen do tacto para sentir o mundo arredor delas. Os seus corpos e patas están cubertos de pequenos pelos que poden distinguir entre diferentes tipos de vibracións: non é o mesmo unha presa que tropeza coa tea de araña que outra que chega para cortexar. Cada febra dunha rede produce diferentes tipos de variacións

Para ilustrar esta linguaxe vibratoria e comprender mellor a arquitectura tridimensional dunha tea de araña, creouse un equipo multidisciplinar formado por enxeñeiros, compositores musicais e artistas visuais para dar forma ao proxecto Spider’s Canvas. Neste, cada paso de creación da rede é traducido en música, de forma que as notas cambian a medida que muda a estrutura da rede.

O proceso de composición

Para explorar a estrutura dunha tea, o equipo aloxou unha Cyrtophora citricola, araña de tea tropical, nun recinto cuadrangular e agardou ata que o espazo estivera totalmente ocupado polos fíos da rede. Logo, utilizaron un láser para iluminar e crear imaxes de alta definición de seccións transversais en 2D da estrutura.

Grazas a un algoritmo especializado, puideron reconstruír a arquitectura tridimenstional da rede a partir destas seccións transversais. Para converter todo en música, asignaron diferentes frecuencias de son a diferentes fíos, polo que as notas tocábanse en patróns baseados na estrutura da tea. Para isto, o equipo aplicou tamén diferentes frecuencias de son a varias lonxitudes diferentes de fibras de tea.


https://youtu.be/UBDm_B8cMs8?feature=shared

Alén da súa beleza e creatividade, ter un rexistro deste proceso paso a paso tamén significa unha maior comprensión sobre como as arañas constrúen unha rede 3D sen estruturas de soporte. Esta habilidade podería ser utilizada no eido da impresión 3D, por exemplo.

A investigación tamén permitiu que o equipo desenvolvera un algoritmo para identificar os tipos de vibracións dunha tea, traducíndoas a ‘presa atrapada’, ‘tea en construción’ ou ‘chegou outra araña con intencións amorosas’. Isto é a base para poder desenvolver un sistema para falar o mesmo idioma, cando menos, da araña de tea tropical.

Realidade virtual

O de converter a tea de araña en música non é novo, posto que o proxecto xa foi presentado no 2018 no Palacio de Tokio en París. Non obstante, agora o equipo vén de refinar este traballo, agregando unha compoñente interactiva a través da realidade virtual.


https://youtu.be/HL_MHD93wFc?feature=shared

Isto permite que as persoas entren na rede e interactúen con ela, inclusive chegando a reproducir febras na tea. Para os investigadores, esa actividade permite que os oídos capten características estruturais que poden verse, pero que non son recoñecibles ao instante, facendo máis comprensible a contorna na que vive a araña.

De novo, esta aplicación máis recreativa tamén ten unha utilidade práctica, xa que o feito de poder interactuar permite comprender aos investigadores que sucede ao estirar unha febra, como cambia o ton e como afecta aos fíos do seu arredor.


ReferenciaImaging and analysis of a three-dimensional spider web architecture (Publicado en Journal of the Royal Society Interface)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL