Unha estrela para Rosalía de Castro

O 17 de decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalía de Castro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro celébrase unha actividade na Casa das Ciencias da Coruña na que Martin Pawley, promotor da campaña desde a Agrupación Astronómica Coruñesa, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial do planetario ao redor da escritora e a súa estrela.

A entrada a actividade é gratuíta, ate completar o aforo da sala. As entradas comezarán a repartirse a partir das 19:15 h. na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade.

Preme aquí para máis información desta actividade.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL