NOVIDADES: a linguaxe da música

  Desde a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional achegan material adaptados para teleformación:

 "En consonancia coa liña específica de formación e capacitación para ensinanzas de réxime especial do plan formativo en recursos dixitais especializados da Estratexia de Educación Dixital 2030, e co obxecto de facilitar , a partir do curso académico 2021/22, o tratamento de cada unha das materias de carácter teórico-práctico nas ensinanzas elementais e profesionais de música nos conservatorios profesionais dependentes da Xunta de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon á disposición destes centros materiais adaptados para teleformación, aos que xa poden acceder desde a súa aula virtual.
 Preténdese contribuír a desenvolver o currículo das materias "Educación auditiva e vocal", "Linguaxe Musical", "Análise", "Harmonía", "Historia da música" e "Novas tecnoloxías" nas ensinanzas elementais e profesionais de música".

 Na biblioteca temos dous exemplares con estas propostas de acceso aos distintos cursos, que lle poden servir de referencia de cara ao futuro á comunidade educativa do conservatorio. (R.M / BAL / lin; *R 7169-7170).
 
 Lembra que podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS