O RINCÓN DO COMPOSITOR: VIVALDI
O rincón de Antonio Vivaldi (1678-1741)
Parece que Vivaldi trouxo hoxe a primavera a Ferrol...
Vivaldi (retratado na mesa por François Morellon de La Cave -1723-) ven acompañado da súa obra quizás máis emblemática: as súas "catro estacións"; cada un dos instrumentos da mesa representa unha estación: a trompeta, o fagot, o violín e a viola ¿poderías identificalos?
As columnas da Paz enmarcan o rincón e á dereita, no atril poderemos ler a súa biografía (Gran Selección Deutsche Grammophon).
Os instrumentos foron decidos amablemente por Sebas (profesor de trompeta), Patricia (a profesora de fagot), Iria (unha das nosas profesoras de violín) e a alumna Laura Gómez Martínez (a viola). E non esquecemos a colaboración de Juan e máis Emma, da floraría "La tienda de Emma", que desde o primeiro momento mostráronse moi ilusionados por colaborar co ANPA do Xan Viaño de forma desinteresada e sempre dispuestos a todo.
O ANPA proponnos un xogo: cada anxo representa unha estación... ¿saberías cal pode representar a cada estación?
A música que ás veces soará: "Las cuatro estaciones Op.8" e "L'estro armonico, Op.3" na interpretación de Michel Schwalbé (violín) e a Orquestra Filarmónica de Berlín baixo a batuta de Herbert von Karajan (registro de catalogación na biblioteca).
Un saúdo
Comentarios
Publicar un comentario