TRIVIAL MUSICAL: concerto 26 de outubro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana,
a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro venres 26 de outubro. Para participar teredes
que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis
abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 22 de outubro (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: a que familia pertence o saxofón?
a. Vento madeira b. Vento metal c. Corda frotada d.
A ninguna
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: en que se diferencian os saxofóns que participarán no
concerto?

Data:
26 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
Francisco Martínez: saxofón soprano
Francisco Herrero: saxofón alto
Pilar Montejano: saxofón tenor
Miriam Castellanos: saxofón barítono
PROGRAMA
Aldemaro Romero: cuarteto latinoamericano
Jean Françaix: Petit Quatuor
Johan Sebastian Bach: concierto italiano
Gyorgy Ligetty: seis bagatelas
Comentarios
Publicar un comentario