Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete.

 

Desde 2023, Galiza Cultura promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. O esqueleto protagonista relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis alá da morte, sobre o mundo dos vivos.

O vindeiro 28 de outubro, mércores, ás 20:00 h, o Teatro Jofre de Ferrol será o escenario onde esta historia cobre vida. A montaxe conta coa participación de membros da Coral de Solfa de Santiago e da Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho Penabade, profesor de Lingua Galega e Literatura no I.E.S. Fernando Esquío.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL. ORGANIZA A BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL DO CMUS XAN VIAÑO

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Artigo sobre Xan Viaño