Semana Mundial do Espazo 2026

 

En 1999, a a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou "Semana Mundial do Espazo" a semana comprendida entre o 4 e o 10 de outubro, para celebrar cada ano a escala internacional as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana.

A razón de que se celebre nestas datas é que lembran dous momentos importantes: o 4 de outubro de 1957 foi lanzado o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial da Terra, que abriu unha nova etapa na exploración espacial. Por outra banda, o 10 de outubro de 1967 entrou en vigor o Tratado sobre o Espazo Ultraterrestre, un acordo que establece principios para a exploración e utilización do espazo, incluída a Lúa e outros corpos celestes. Ambos os acontecementos marcan o inicio e o peche desta semana.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

II CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL. ORGANIZA A BIBLIOTECA JOSÉ FONTENLA LEAL DO CMUS XAN VIAÑO

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Artigo sobre Xan Viaño