Entrega de carnés da biblioteca aos novos lectores do CMUS Xan Viaño :D

Esta é unha semana moi especial para o novo alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. Dende a coordinación de biblioteca, faranse unhas sesións de visitas guiadas para amosarlle ao novo alumnado, a biblioteca e o seu funcionamento e farase entrega dos carnés




Nelas, o alumnado aprendará a manexar os diferentes fondos co seu carné ou número de usuario persoal o cal se lle entragará nese momento. 

Tamén farese entrega dun documento informativo cun código QR para visitar o blog da biblioteca e a páxina web do centro. Recomendamos visitar o blog semanalmente xa que nel, irase actualizando a información relacionada con diversas actividades, concursos, novidades lectoras, etc.




E por último, tamén quixemos engadir un rexistro individual de lectura parar ter na casa. Nel poden ir anotando os fondos que van collendo e, a final de curso, 💥premiaremos ao/a lector/a máis implicado e que retirou máís fondos.


Aquel alumnado que xa é lector do centro e quere ter esta folla de rexistro e así anotar os seus libros, que fale con alguén que esté na biblioteca e daráselle un.



🕷🕸👀 Lembramos que hai un concurso esperando a que participedes!! Tedes o buzón na biblioteca para poder depositar os vosos maravillosos microrrelatos 😉👻


Boa semana!

Equipo de Biblioteca José Fontenla Leal

Isa, Óscar e a coordinadora Soraya.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

Concurso microrrelatos Samaín 2024