A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786
Muiñeira representada no gravado que Mariano Ovejero realizou do cadro de Dionisio Fierros de 1858
Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época. Así o recolle a tese de Julio Alonso Monteagudo, investigador da Universidade de Santiago (USC). No seu traballo consegue datar no Nadal de 1786 a primeira muiñeira con notación musical, asinada por Melchor López, mestre da capela da catedral compostelá.
Aquí tedes nesta ligazón máis información.
Comentarios
Publicar un comentario