ASESORÍA: "BIBLIOTECA INCLUSIVA"

 
 
"Biblioteca Inclusiva é o nome dun novo programa da CCEOU, no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, que desenvolve algunhas das liñas contempladas no desafío número tres deste Plan. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade. Ademáis das axudas que xa recibiron un total de 53 centros (CEE e centros ordinarios con unidades creadas ou habilitadas de educación especial), e logo da xornada formativa especialmente deseñada para o profesorado responsable das bibliotecas destes centros, celebrada o pasado 20 de febreiro, cómpre dar difusión a outras iniciativas destinadas ao conxunto dos centros do sistema educativo galego. 
Así, vén de distribuírse aos centros unha mostra dun folleto denominado así, "Biblioteca Inclusiva" e que pretende ampliar a mirada sobre o modelo de biblioteca escolar, potenciando todas as súas posibilidades como un espazo máis de inclusión dentro do centro educativo. Ofrécese tamén a posibilidade de descargar este material informativo nun tamaño DIN A3, que se pode pregar en 4 e obter así un pequeno folleto dispoñible para as actividades que o equipo de biblioteca considere oportunas.
Cecais, de todos os ámbitos nos que se pode traballar para que a biblioteca avance como biblioteca inclusiva, un dos máis difíciles é o das actitudes; máis aló dos recursos (imprescindibles), unha actitude inclusiva, non paternalista, igualitaria, normalizadora, rexpectuosa e visibilizadora da diversidade pode ser, acaso, un dos grandes activos da biblioteca escolar como espazo educativo e de encontro da comunidade na que está inmersa. 
Cómpre agradecer a  Charo Pita a súa xenerosidade ao responder de forma altruísta ao reto de escribir un conto para este material: "O Palacio das Sete Xanelas".  :
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS