XEOGRAFÍAS SONORAS: GAMELÁN

 Hoxe imos dedicarlle a entrada ao Gamelán: 

Fonte: google.com. Gamelán

 O Gamelán é o nome dunha agrupación musical tradicional de Indonesia (especialmente en Bali e Xava) e a súa orixe remóntase ao século XIII [1]. É unha "orquestra" que interpreta música cortesana e acompaña tamén ás representacións teatrais e desfiles públicos.

 Os seus instrumentos varían segundo os usos mais o gamelán caracterízase polo emprego de instrumentos metalófonos, membranófonos, gongs, frautas de bambú, así como instrumentos de corda frotada e pulsada. Tamén pode incluír voz que recibe o nome de "pedindhèn".

 A súa música básase nun tema principal. Algúns instrumentos poden tocarllo enteiro ou ben só partes, ou simplemente adórnanllo; outros poden levar o ritmo. Imos ver algúns destes instrumentos [2]:

De esquerda a dereita: saron panerus, saron barung, e demung
Fonte: Autoría

Saron. Metalófono con seis ou sete láminas de bronce colocadas sobre unha estrutura resonante de madeira (rancak). Colócase no solo e o intérprete sitúase fronte a el. Hainos de diferentes tamanos, cada un co seu proprio nome, como non podería ser doutra maneira (ver foto). Se queredes saber como soan clica no nome.


Slentem. É outro metalófono máis grande que o saron e por ende de tesitura mais grave. Consiste nun conxunto de láminas que abarcan unha única oitava (seis cando tócase a escala slendro e sete se tócase o pelog -como vedes ten diferentes sistemas-). Golpéase co tabuh, que ten un mango corto e un disco de madeira envolto nun trapo ou goma.
 Adoita colocarse al frente da zona onde están os instrumentos do gamelán mais como poderedes ver no enlace, tamén ca voz. Normalmente toca a forma mais sinxela da melodía mais ás veces tamén adorna e elabora con técnica similares ás do saron



 Bonang. É un conxunto de pequenos gongs colocados de xeito horizontal sobre un rancak, ou ben en dous liñas. Cada unha está afinada a unha altura determinada segundo a escala empregada. É parecido a outros  (kethuk, kempyang, kenong) e abranguen diferentes tesituras: do mais agudo ao mais grave temos o bonang panerus, bonang barung e bonang panembung.
 
No gamelán tamén podemos atopar diferentes tipos de bloques de madeira, tambores, cítaras, frautas de bambú (Angklung), campás ou gongs colgados (kempul) e instrumentos de corda.

Fonte: Angklung

Fonte: kempul

 Estes son só algúns exemplos dos instrumentos que podemos atopar no gamelán, e que lle dan esa sonoridade tan exótica para nós, cuns ritmos pausados mais tan incansables. 

 A continuación a embaixadora de Indonesia fala do gamelán na súa cultura e a súa orixe  (podedes escoitala con subtítulos). Tamén dous exemplos do gamelán empregados na música tradicional:

Fonte: youtube. 


Fonte: Genelec Music Channel

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

Concurso microrrelatos Samaín 2024