XEOGRAFÍAS SONORAS: RENACEMENTO SACRO INGLÉS, THOMAS TALLIS

Thomas Tallis é un dos compositores mais coñecidos do renacemento inglés quen naceu a primeiros do século XVI e faleceu en 1585.

 É especialmente coñecido pola súa música sacra (motetes, psalmos, misas, etc...) e por iso chama a atención a súa presencia case constante a pesaren das convulsións político-relixiosas polas que atravesou a Inglaterra da época coa Reforma, pois serveu tanto ao rito católico como ao anglicano. 

   Imos escoitar o motete a catro voces  "If ye love me", texto de Xoán onde Xesús profetiza a súa morte aos seus discípulos e promete que Deus padre lles enviará o Espíritu Santo (un consolo). (Xoán 14:15-17): Xesús dixo "se me amáis, gardade os meus mandamentos, e rezarei ao pai e daravos outro consolo para que estea con vós para sempre, o espítitu da verdade".

Fonte: youtube. "Desde nuestras casas durante el aislamiento por la COVID-19, grabamos el precioso himno de Thomas Tallis "If ye love me".

Podedes buscar outras versións, hai milleiras, incluídas algunhas gravadas en Igrexas, con todas as súas resonancias a flotar tanto no aire que parece que te mergullas aínda mais nelas. Por certo, Tallis tamén destaca pola súa produción ao teclado. Animaríadevos a descubir algunha peza máis de Tallis?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

Concurso microrrelatos Samaín 2024