TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 21 de Maio
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 21 de Maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 18 de Maio (ata as 20:00 horas).
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Unha das
obras do programa do concerto do día 21 non corresponde ao século XX, ¿saberías a qué estilo musical
pertence?
¡¡Moita sorte!!
Maio
Data: Xoves 21 de Maio ás 20:30
Sala: Auditorio
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Y ORQUESTA JOVEN
Dima Slobodeniouk, director
Barbara Hannigan, soprano
Programa:
H. Abrahamsen (1952- ): Let me tell you
C. Monteverdi (1567-1643): Ave Maris Stella
O. Respighi (1879-1936): Pinos de Roma
Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/
Sáudos
Orquesta Sinfónica de Galicia |
Orquesta Joven |
Dima Slobodeniouk, director
Barbara Hannigan, soprano
Programa:
H. Abrahamsen (1952- ): Let me tell you
C. Monteverdi (1567-1643): Ave Maris Stella
O. Respighi (1879-1936): Pinos de Roma
Máis información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/
Sáudos
Comentarios
Publicar un comentario