NOVIDADES: unidades didácticas

 


 Desde a Consellería achegan exemplares de unidades didácticas, de interese no marco das actividades a desenvolver tanto nas conmemoracións do Día das Artes Galegas como noutras actividades didácticas do centro:

 "A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", subscribiron un convenio de colaboración para honrar o músico galego Martín Códax no Día das Artes Galegas 2023 a través dunha serie de accións, entre as cales figura a elaboración dunha guía didáctica.

 Así elaboráronse unidades didácticas para os graos elemental e profesional das ensinanzas de música, nomeadamente para as materias transversais de Linguaxe Musical no grao elemental e Historia da Música no profesional. (...)

 Igualmente poderá atopar estas unidades didácticas no apartado "Recursos musicais e autores galegos" do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: 

 http://edu.xunta.gal/portal/node/1581 

 Na biblioteca atoparédelas en H.M/GÁN/mús e H.M/FAC/mar

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS