DÍA 5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

UNHA SOA TERRA!

Hai miles de millóns de galaxias no universo.

na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas,

pero só hai unha Terra.

A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga.

Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo.

A boa noticia é que as solucións e a tecnoloxía existen e son cada vez máis accesibles.

O Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase na restauración das terras, deter a desertificación e reforzar a resiliencia á sequía baixo o lema “As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración"

Non podemos retroceder no tempo, pero podemos cultivar bosques, revitalizar fontes de auga e restaurar solos. Somos a xeración que pode facer as paces coas terras.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL