DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA E DO CENTRO: BUSCANDO A XANVI
Hola a tod@s:
Dende o Departamento de Convivencia e da Biblioteca queremos promover unha actividade a toda a comunidade educativa do noso Centro; dita actividade consiste na elaboración dunha mascota que represente ao Conservatorio e a Biblioteca.
A continuación deixovos as bases para que lle botedes un vistazo.
Dende o Departamento de Convivencia e da Biblioteca queremos promover unha actividade a toda a comunidade educativa do noso Centro; dita actividade consiste na elaboración dunha mascota que represente ao Conservatorio e a Biblioteca.
A continuación deixovos as bases para que lle botedes un vistazo.
CONCURSO DESEÑO DE MASCOTA
CMUS XAN VIAÑO DE FERROL
BUSCANDO A
XANVI
Buscamos a Xanvi, a mascota que nos represente e acompañe
na vida e actos do conservatorio. A Xanvi gústalle a música (canta e toca
calquera instrumento), as artes, a lectura, Galiza e a súa cultura. Xanvi é simpático
e moi bo amigo, ecoloxista e pacífico, e defende valores de liberdade,
solidaridade e igualdade.
BASES
·
Calquera persoa ou grupo pode participar (pais, nais,
alumn@s, profes, amig@s, familia…), cantos máis mellor!
·
A mascota creada debe ser orixinal.
·
Poderanse presentar o número de propostas que se desexe
por persoa ou grupo.
·
O deseño, que debe ser presentado en tamaño Din A4 ou en
formato dixital, pode ser elaborado con calquera técnica de debuxo.
·
Os debuxos deben ser presentados na conserxería do centro
nun sobre pechado. Na parte de atrás do debuxo, aparecerán os datos persoais do
autor: nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono. No caso de
presentarse en formato dixital deberán ser enviados á dirección de correo acendan@edu.xunta.es incluíndo tamén na
mensaxe nome e apelidos, e número de teléfono.
·
Todos os traballos presentados serán expostos na
biblioteca do centro.
·
A data límite de recepción de deseños é o 25 de xaneiro
do 2013.
·
O premio estará formado por material escolar e musical,
ademais de ser publicado na revista do centro e no blog da Biblioteca. O premio
será outorgado nunha cerimonia especial dentro dos actos programados na semana
da Paz (última semana de xaneiro 2013), na que se fará pública a presentación
de “Xanvi”.
Comentarios
Publicar un comentario