Na presente edición do Certamen Internacional Intercentros, temos que felicitar, de novo, ás nosas representantes!!!
Lembrades que Tania Villasuso foi a gañadora o pasado ano? Pois este ano, fantásticas as nosas nenas de novo. ;-))
Carolina Herrera, Iria Folgado e Marta Sánchez eran as nosas representantes na final autonómica. As tres fixeron un gran papel, e Iria e Marta resultaron 1ª e 2ª na eliminatoria de Galicia!!!!
Así, Iria desprazouse a Madrid a mostrar o seu talento na final nacional, como fixera Tania o pasado curso.
Tocou en quinto lugar, de 16 finalistas de tódalas comunidades autonómicas. Interpretou completo o cuarteto de Mozart, versión oboe e piano, acompañada por Graham Jackson. Coma sempre, tocou fantásticamente, con moito talento e un pulso e agóxica dignos de profesional. A súa coidada afinación e unha posta en escena correcta, valéronlle a SEGUNDA PRAZA na xeral, e un PREMIO Á MELLOR INSTRUMENTISTA DE VENTO MADEIRA.

Comentarios
Publicar un comentario