TALLER DE HIP-HOP
Hola a tod@s:
O vindeiro día 18 de Decembro vaise celebrar na Biblioteca do noso Centro un Taller de Hip-Hop a cargo de García MC de 18:00 a 20:00.
Tod@s @s que estén interesados, poden matrícularse de xeito gratuíto no centro.
A continuación, deixamosvos o curriculum do interprete-docente:
O vindeiro día 18 de Decembro vaise celebrar na Biblioteca do noso Centro un Taller de Hip-Hop a cargo de García MC de 18:00 a 20:00.
Tod@s @s que estén interesados, poden matrícularse de xeito gratuíto no centro.
A continuación, deixamosvos o curriculum do interprete-docente:
GARCÍA MC
(Musico
de Rap e Activista)
Comeza
rapeando en galego letras propias, con 13 anos, directamente influenciado por
unha das bandas fundacionais do Rap en galego: 5 Talegos. Ao pouco, aínda na
adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, editando
un traballo discográfico en 2004 ao remate desta aventura. Existía xa pois
dende o 2003 o Colectivo HipHopDios Ke Te Crew formación da cal pasa a formar
parte co proxecto Ghamberros así como boa parte de 5 Talegos, sumándose nos
seus espectáculos tódalas vertentes da Cultura HipHop: Breakdance, Graffiti,
Dj´ing, Beat Box... Con DKTC editáronse ata o momento tres traballos
discográficos: Xénese 2006, Adianto/Maxi: Chove 2010 e Humanose 2011.
Actualmente participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de
"Foliada Rap and Punk" Labregos do Tempo dos Sputniks, leva ademais 8
anos impartindo Obradoiros e Cursos sobre Cultura HipHop/Rap principalmente
para adolescentes, sobre todo para equipos de Normalización Lingüística en
centros formativos. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira
como "Deitado frente ó mar..." ou "Son un pasmón". Formou
parte da Radio Kalimera (a radio libre de Compostela), ten participado ademais
en diferentes mesas redondas e coloquios como defensor da Cultura Libre. A
título individual levou o seu Rap en Galego a lugares como Copenhangue,
Guiné-Bissau e México. Ou a Cuba xunto con DKTC. Participa así mesmo en ducias
de discos de grupos eclípticos da música galega contemporánea. Actualmente
traballa no que vai ser o seu primeiro traballo discográfico en solitario que
levará por título "Abaixo e De Pé" e sairá a luz este nadal.
Comentarios
Publicar un comentario