Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025
A IFLA vén de publicar o Manifesto IFLA-UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025, unha edición actualizada do Manifesto IFLA-UNESCO sobre a Biblioteca Escolar: A biblioteca escolar no ensino e a aprendizaxe para todos (1999). Unha revisión acorde aos cambios e evolución da nosa sociedade destacando o papel da biblioteca escolar como axente de inclusión e equidade.
"Nun contexto onde a información evoluciona rapidamente e as novas tecnoloxías conlevan oportunidades e desafíos, o rol da biblioteca escolar na colaboración activa para fomentar a alfabetización, o pensamento crítico, a creatividade e a cidadanía global a través dunha educación inclusiva e equitativa é máis importante que nunca".

Comentarios
Publicar un comentario