A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES no Pazo da Cultura en Narón. Montaxe teatral de Magín Blanco e Ghazafellos

Espectáculo no Pazo da Cultura dunha montaxe teatral de Magín Blando e a compañía Teatral Ghazafellos



A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES

A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos con música en directo. É esta a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis Aló.

O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva.

A Nena xunto co Grilo que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar coa que viaxamos ó País das Apertas!


Compañía: MAGÍN BLANCO E GHAZAFELHOS

Lugar do espectáculo: Auditorio Municipal

Funcións: 17.11.2024 - 18:00

Dirixido a: Familias

Duración: 50 MIN

Observacións do evento: Estrea


Para máis información aquí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL