Concerto organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolana o día 29 de novembro ás 20:30 h. : Dúo Cassadó Hypnotik

 

DÚO CASSADO

HYPNOTIK


Lugar: Teatro Jofre

Hora: 20:30 h.

 

Marta Moll de Alba, piano

Damián Martínez Marco, violonchelo

 

Programa

Álbum Hypnotik

Aclamado internacionalmente pola súa exquisita musicalidade e sensibilidade, Dúo Cassadó cativa tanto ao público como á crítica grazas ao seu temperamento, orixinalidade e carisma.

Artista exclusivo de Warner Classics, Dúo Cassadó actuou en prestixiosos auditorios e festivais de todo o mundo e percorreu Israel, Canadá, Colombia, Ecuador, Arxentina, Marrocos, Túnez, Exipto, Xordania, China, Corea do Sur e Xapón.

Comprometido coa creación actual, Dúo Cassadó estreou “Sibilas en fronte do Espello” composta por Tomás Marco e dedicada a Dúo Cassadó, así como “Páxinas de Area” escrita pola compositora Laura Vega e “Do ar que me das” composta por Marina. Ortega.

O seu disco “Rapsodia do Sur”, galardoado co “Melómano de Ouro”, foi elixido pola crítica especializada como un dos mellores discos do ano e recibiu o apoio da Fundación BBVA. No seu disco “ROJO”, catalogado pola prensa internacional como gravación de referencia, realizou a primeira gravación mundial de “Fantasía Española” escrita por Ernesto Halffter.

 

“HYPNOTIK é o seu novo disco, un álbum conceptual con gran proxección internacional.




Para máis info aquí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

Voluntariado na Biblioteca do Xan Viaño

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño