ASESORÍA: Cómo identificar noticias falsas - IFLA
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia falaron a comezos de curso de cómo identificar noticias falsas. Desde aquí facémonos eco da interesante entrada que copiamos a continuación.
Para ler máis, ir á fonte :)
"A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos. (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma)."
Saúdos desde a Biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario