TRIVIAL MUSICAL - Concerto 29 de novembro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 29 de novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro xoves 23 de novembro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Cantas cordas ten un violoncello?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Saberías decir cal é a diferencia entre "ópera" e "zarzuela"?
¡¡¡Moita sorte!!!
Novembro
Recital de ópera e zarzuela
Barítono: Borja Quiza
Piano: Fernando L. Briones
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario