30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e do entendemento entre persoas de diferentes procedencias e formas de pensar.

Hoxe cúmprese o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura da non violencia e da paz permite que o noso alumnado adquira coñecementos, actitudes e habilidades que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns mundiais críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS