NOVIDADES: canto

 


Grazas á editorial Dos Acordes e á Fundación Casa-Museo Manuel María temos novidades en canto.


Desde a Fundación e Casa-Museo Manuel María envíannos as partituras das cinco cancións finalistas do 2º Concurso Manuel María de composicións musicais acompañadas do cartaz anunciador da 3ª edición dese mesmo concurso.
Aproveitamos para difundir esta nova convocatoria do concurso que tan boa acollida tivo nas súas dúas primeiras edicións. Pódese dispor das Bases completas na súa páxina web:



E desde a editorial Dos Acordes, tamén en nome dos autores Carlos Villar-Taboada (Universidade de Valladolid) e Carme Tubío Barreira (Universidade Autónoma de Barcelona), envían o libro Cancións Galegas do Festival de Pontevedra, volume I co desexo de ser de utilidade para o alumnado e profesorado do centro: 

"o primeiro número dunha serie, con vocación de continuidade, de partituras de cancións inéditas sobre textos galegos, compostos expresamente na década de 1960 para a súa estrea e interpretación no Festival da Canción Galega de Pontevedra.
O exercicio de recuperación do patrimonio que supón a publicación deste volume respondo a dous obxectivos principais e complementarios: por unha banda, a toma de conciencia da necesidade de ampliar os límites da investigación científica coa finalidade de conseguir unha eficaz difusión social e cultural; por outra, a utilización dos resultados desta investigación para ofrecer a intérpretes, programadores e público versións fiables de obras que reviven hoxe a transcendencia e valor que lles foron concedidos no momento da súa creación e, retomando o lugar que tiñan nas salas de concertos e no catálogo dos seus creadores, permitan a súa consideración como un repertorio actual e non só como un mero obxecto de interese histórico".


Podes consultar a súa disponibilidad na OPAC

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS