TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 26 de Febreiro
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 26 de Febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 23 de Febreiro (ata as 20:00 horas).
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Qué
instrumentos conforman “Cuarteto del Pino?
¡¡Moita sorte!!
¡¡Moita sorte!!
Febreiro
Data: Xoves 26 de Febreiro ás 20:30
Sala: Teatro Jofre
CUARTETO DEL PINO
Programa:
R, Schumann (1810-56): Cuarteto de piano nº 1
J. Brahms (1833-97): Cuarteto de piano nº 1
Mais información da programación en http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario