O RINCÓN DO COMPOSITOR: PAGANINI
O rincón do compositor: Niccolo Paganini |
Estes días Mendelssohn cedeu o seu lugar a Niccolo Paganini (1782-1840), violinista, violista, guitarrista e compositor italiano que moitos coñecen polo seu virtuosismo. Á esquerda da mesa, ao carón da máscara poderemos ler unha biografía do músico e unhas liñas sobre a lenda que naceu con él.
"Acuarela sobre cartón reciclado e máscara veneciana en acero ao carbón- latón-cobre. Obras de NITO HORUS" |
Máscaras e un "violín diabólico" |
Á dereita, colgados sobre un telón temos dúas máscaras de entroido italianas e un violín decido amablemente pola nosa compañeira Iria Rico.
O "Carnaval de Venecia" |
E relacionado coas datas nas que estamos, temos dúas follas que nos contan sobre o "Carnaval de Venecia".
A música que ás veces soará: "Concerto para violín e orquestra nº 1 en Re M Op. 6" e "24 Caprichos para violín solo Op. 1" na interpretación da Orquestra Sinfónica de Londres co Salvatore Accardo e Charles Dutoit.
Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario