30 DE XANEIRO "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ"
Con motivo da celebración do día da Paz o vindeiro 30 de Xaneiro ¡¡¡mirade o que o noso ANPA fixo no vestíbulo do centro!!!
Vestíbulo do CMUS Xan Viaño |
O acceso a Auditorio ten estes días un pórtico precioso con dúas columnas feitas de partituras para reciclar e moitísimas pombas adornan o teito. As claves de Sol e Fa xúntanse para formar un corazón que atoparemos por toda a estructura. Na columna da dereita podemos ler o seu manifesto:
" A formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos é unha das finalidades que debe plantexar o sistema educativo.
Esta celebración, é polo tanto, unha oportunidade máis de contribuir a que os centros convértanse en instrumentos de paz e entendimento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non podemos esquecer que a escola é un reflexo dunha sociedade ca que comparte defectos, mais nela tamén edúcase para a vida e perséguese desenvolver nas alumnas e alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa.
Por todo isto, debemos contribuir a través da educación, á concienciación de todos na construcción dun mundo meior, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seno dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz. E rexeitar as actitudes violentas e as situación inxustas que obstaculizan a construcción dun mundo máis xusto e pacífico".
"Se che apetece, escribe e comparte (...) e pégalo no muro" |
"O ANPA non necesita ter Facebook para presumir de muro" |
Se o queredes tamén pódense deixar comentarios nesta entrada do blog.
Estamos todos invitados a participar nel.
Non esquecedes as actividades programadas para a semana que ven con motivo do día da Paz. Intentaremos desde a biblioteca telas actualizadas
Un saúdo
Comentarios
Publicar un comentario