Semana da Música pola Paz. Día Escolar da non Violencia e da Paz 30 de xaneiro de 2025

Chegou o momento de facer debuxos e manualidades para expoñer no voso recuncho da biblioteca do conser. Tedes folios e cores para facer o que queirades, relacionado coa Paz e a non violencia. 

Podes deixar mensaxes, frases inspiradoras, recomendacións de lectura, etc.

Logo será exposto no tendal da biblio e tamén na recibidor do conservatorio podes deixar as tuas verbas.

Anímate a expresar e a compartir Paz !!
O Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño

Esta semana celebraremos a Semana de Música pola Paz, con diversos recitais a cargo do alumnado do centro, con motivo da conmemoración do Día escolar da non violencia e da paz.

Comezamos esta semana tan especial cunha nova actuación da Pequebanda do Xan Viaño, dirixida polo ser profesor Javier Alama. Esperámosvos hoxe 27 de xaneiro ás 20:00 h nesta nova edición de Música pola Paz!



O mércores 29 será o turno os recitais de Música pola Paz, na que participará alumnado como solista e en grupos de cámara. Haberá dous concertos, o primeiro ás 16:30 h e o segundo ás 18:00 h. Entrada libre ata completar aforo.



O venres 31 de xaneiro pecharemos a nosa semana de Música pola Paz coa participación das nosas Voces pola Paz, coas actuacións do Coro de Grao Profesional ás 16:30 h, do Peque Coro ás 19:00 h e do Peque Coro in crescendo ás 20:30 h. Esperámosvos nesta emocionante tarde, chea de moita música e desexos de paz.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL