Presentación do disco "De través". Obras para frauta travesa






Fernando Raña Barreiro, frauta travesa.

O vindeiro luns 3 de febreiro terá lugar no Auditorio do Conservatorio a presentación do disco “ De través “ do frautista Fernando Raña Barreiro, docente do Conservatorio Superior de Música de Vigo. O intérprete, dedicatario das obras recollidas no CD, exporá e interpretará unha pequena selección do mesmo. Ricardo Blanco, pianista desde centro, colaborará acompañando unha das obras deste repertorio.
Ás 16:00 h. haberá una clase maxistral para o alumnado de frauta travesa do centro e logo o concerto comezará ás 18:00 h. cunha duración estimada de 45 minutos. A entrada é libre ata completar o aforo.

Será doado un CD á Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño de Ferrol.
Moitas grazas dende a Coordinación de Biblioteca e o Equipo de Biblioteca do Xan Viaño.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025