Calendario do Libro e da Lectura 2025
Este é o calendario 2025, coas datas máis salientables arredor do libro e da lectura. Entre outras conmemoracións, celebramos o Día da Ilustración (30 de xaneiro), homenaxeando a Xosé Vizoso; o Día das Letras Galegas (17 de maio), centrado no Cancioneiro popular galego; ou o Día da Lectura (3 de novembro), coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas e salientamos as novidades de este ano:
- 7 de xaneiro. 75 anos sen Alfonso Rodríguez Castelao
- 17 de outubro. Día do patrimonio inmaterial
- 27 de outubro. Día da corrección de textos
Son moitas as datas sinaladas que ao longo do ano conmemoran o libro e a lectura. Estas son as que impulsamos ao longo de 2025:
- Xaneiro: 75 anos sen Alfonso Rodríguez Castelao, Día do usuario/a das bibliotecas Día das bibliotecas móbiles e Día da ilustración, dedicado a Xosé Vizoso.
- Febreiro: Día da lingua materna e Nacemento de Rosalía de Castro.
- Marzo: Día do cómic, Día da narración oral, Día da poesía e Día do teatro.
- Abril: Día das artes galegas, dedicado a Isaac Día Pardo, Día do libro infantil e xuvenil, Día do libro e Día da propiedade intelectual.
- Maio: Día da liberdade de prensa, Día das letras galegas, dedicado ao Cancioneiro popular galego, Día internacional dos museos e Día da diversidade cultural.
- Xuño : Día internacional dos arquivos.
- Xullo: Día do libro electrónico e Día da comprensión lectora.
- Setembro: Día da alfabetización, Día europeo das linguas e Día da tradución.
- Outubro: Día das escritoras, Día do patrimonio inmaterial, Día das bibliotecas e Día da corrección de textos.
- Novembro: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas, Día da preservación dixital, Día da lectura, no que se celebra o aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, Día das librarías, Día do patrimonio cultural e Día da música.
- Decembro: Día da edición, no que se celebra o aniversario do nacemento de Ánxel Casal.
Comentarios
Publicar un comentario