Científica Galega do Ano 2026

 


A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025