5 DE DECEMBRO: DÍA DO OTAKU
Como moitas e moitos sabedes este curso estámosllo a adicar ao Cómic e a toda a cultura xerada ao redor destas "secuencias de viñetas" tan preciadas para moitas e moitos de vós.
Por iso queremos hoxe conmemorar o Día Internacional do 'Otaku', e aínda que non é oficial, é unha data moi importante e popular en Internet. Os amantes do manga, do anime e do cosplay renden homenaxe a esa parte da cultura xaponesa.
O termo 'otaku' úsase para definir a unha persoa cuxas afeccións están relacionadas co anime, o manga e o cosplay. Aínda que este termo tamén ten unha connotación pexorativa en Xapón, que se emprega para referirse a unha persoa con afeccións obsesivas.
Algúns dos eventos que reúnen a esta comunidade son as famosas convencións do cómic, onde aproveitan para disfrazarse dos seus personaxes favoritos de cómics, series, películas ou videoxogos. Tamén aproveitan as vacacións de Halloween para destacar o seu coñecemento da cultura xaponesa e suplantar así a personaxes relacionados con ela.
Para todas aquelas OTAKUS moitos PARABÉNSSS!!
Comentarios
Publicar un comentario