RECOMENDACIÓN: L'Orfeo (2ª entrega)
Seguimos coa 2ª entrega da recomendación de xaneiro, nesta ocasión os actos 2º e 3º. Que vos está a parecer?
Fonte: YouTube
Acto segundo
(5:45)
Acto terceiro (52:49)
Rodeado polos pastores Orfeo entoa
un canto a natureza e conta como corría polos sombríos bosques antes de namorarse.
A alegría interrómpese cando
chega a Mensaxeira, quen lle anuncia a Orfeo que unha serpe mordeu a súa amada
Euridice causándolle a morte.
A propia Mensaxeira lamenta ter
que dar semellante noticia. Orfeo decide descender os infernos para rescatar a
Eurídice (o descenso voluntario o inferno se lle denomina catábasis) entoando
un desesperado lamento.
Acto terceiro (52:49)
Orfeo chega a lagoa Estigia acompañado
pola Esperanza, pero esta anúncialle que non pode levalo máis alá porque viu
grabado na pedra o texto que cita a Divina Comedia de Dante: "Abandonade
toda esperanza os que entrades".
Caronte négase a darlle paso na súa
barca pero Orfeo logra durmilo vixiante coa súa arpa e, roubándolle a barca,
cruza o lago entrando directamente no inferno. Mentres, un coro de espíritos
infernais celebra o Home, esa criatura que non intenta ningunha empresa en vano
e contra a Natureza non sabe armarse.
Comentarios
Publicar un comentario